Concurso Internacional de Piano
XXV Cidade de Ferrol

Bases

CONDICIÓNS XERAIS

1ª. O Concello de Ferrol (Galicia – España) organiza e patrocina o XXV Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”, que terá lugar en Ferrol entre os días 19 e 26 de novembro de 2011.

2ª. O Concurso está aberto aos pianistas de todos os países. Os candidatos deberán ter 16 anos como mínimo e 35 como máximo o 12 de novembro de 2011 , data límite para a inscrición.

3ª. Os gastos de aloxamento, mantenza, desprazamento, etc. correrán a cargo dos concursantes.

4ª. Non poderán concursar os intérpretes que obtivesen o Primeiro Premio en anos anteriores.

5ª. A solicitude do boletín de inscrición deberá facerse á Secretaría do Concurso de Piano “Cidade de Ferrol” e deberá ser remitido a este, debidamente cuberto, acompañado de todos os documentos que máis adiante se especifican, antes da data sinalada no punto 2. O mencionado boletín de inscrición pode ser substituído por carta asinada pola persoa interesada, na que faga constar:

a. Nome, apelidos, idade, residencia e nacionalidade.
b. Centros nos que cursou os estudios; premios obtidos nas súas actividades musicais e un breve currículo da súa vida musical.
c. Títulos e autores das obras elixidas.
d. Que coñece as bases deste Concurso, está conforme con elas e acepta as decisións do Xurado.

CONCELLO DE FERROL
SECRETARÍA DEL CONCURSO DE PIANO “CIDADE DE FERROL”
Praza de Armas s/n
15402 -FERROL (GALICIA-ESPAÑA)
Tfn: +34981944180 . Fax: +34981945173
Tfn infom.: +34630393772
e-mail: concursopiano@ferrol.es
www.pianoferrol.com

6ª. Dereitos de gravación e difusión: o Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol” resérvase todos os dereitos de radiodifusión, gravación e emisión por televisión das diferentes probas do concurso, así como os dereitos de gravación fonográfica, de edición de discos ou cintas do concurso.

 

Pé da páxina
Páxina principal Bases do concurso Inscricións Premios Probas Contacto Galego Castellano English