Concurso Internacional de Piano
XXI Cidade de Ferrol

Inscricións

1. As solicitudes de inscrición deberán ser remitidas á Secretaría do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”, que deberán ser recibidas antes da data fixada como límite para formalizar a inscrición: 6 de novembro de 2009.

Remitir a:

CONCELLO DE FERROL
SECRETARÍA DEL CONCURSO DE PIANO “CIDADE DE FERROL”
Praza de Armas s/n
15402 -FERROL (GALICIA-ESPAÑA)
Tfn: +34981944180 . Fax: +34981945173
e-mail: concursopiano@ferrol.es
www.pianoferrol.com

2. A petición de inscricións deberá incluír obrigadamente os seguintes documentos, que non serán devoltos en ningún caso:

a) Partida de nacemento, DNI ou Pasaporte. Para os estranxeiros que desexen inscribirse, a documentación que acheguen deberá ser debidamente cuberta polas autoridades do seu país de orixe.
b) Dúas fotografías tamaño carné, indicando ao dorso o nome e apelidos do participante.
c) Unha fotografía sobre papel fotográfico brillante con dimensións mínimas de 9 x 12 cm., que poderá ser reproducida no programa do concurso.
d) “Currículo vitae” do candidato, mecanografado a dobre espazo, no que se recollan os seus datos persoais, estudios cursados, profesores, xiras, concertos, etc., así como detalles relativos á actividade musical do participante.
e) Dereitos de inscrición, pola cantidade de 50 € libres de gastos, a ingresar na c/c. nº:

Banco BBVA IBAN: ES92 – 0182 – 6244 – 47 - 0200020840

f) Xustificante da realización do ingreso dos dereitos de inscrición.

3. As solicitudes de inscrición ao Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol” serán examinadas polo Comité Organizador do Concurso, que verificará os seus contidos e determinará en consecuencia a súa admisión ou non no Concurso.

4. A organización do Concurso comunicaralle á persoa interesada a súa admisión por carta certificada, e-mail ou fax.

5. A non admisión dun candidato será xustificada por unha nota adxunta á carta na que se lle comunicará a non aceptación da súa solicitude.

6. O Comité Organizador resérvase o dereito e decidirá a lista definitiva de admitidos, unicamente condicionado ao cumprimento dos requisitos establecidos nas bases; a decisión é inapelable.

7. O texto íntegro do regulamento será remitido a cada concursante unha vez sexa aceptada a súa participación. O regulamento terá carácter de lei para ambas partes.

 

Pé da páxina
Páxina principal Bases do concurso Inscricións Premios ProbasContacto Galego Castellano English