|
|
![]() |
Probas1. As probas do concurso consistirán en dúas eliminatorias e unha proba final, todas elas de carácter público e coas seguintes características: a) primeira proba eliminatoria. Duración máxima, 35 minutos. b) segunda proba eliminatoria. Duración máxima, 50 minutos. c) proba final con orquesta
2. A orde de participación realizarase por único sorteo válido para todas as probas, agás disposición en contra do Comité Organizador na última proba con orquestra. 3. En todas as probas as obras interpretaranse de memoria. 4. Todas as probas serán públicas e retransmitidas en directo por Internet. 5. O sorteo dos concursantes terá lugar no día, hora, forma e sistema fixados polo Comité Organizador do Concurso, e deberán asistir a el as persoas interesadas, agás en casos de forza maior, debidamente xustificados. En tal caso obrará no seu nome o Comité Organizador do Concurso. 6. A orde do sorteo non poderá ser modificada, agás en casos de forza maior, os cales terán que ser xustificados polo concursante. A posible autorización será concedida polo xurado. 7. En ningún caso se admitirán cambios no repertorio elixido. 8. O ditame do xurado será inapelable en todos os casos. 9. Os concursantes premiados deberán recoller persoalmente o seu galardón no acto de entrega destes, ou ben delegar por escrito noutra persoa. En ningún caso serán remitidos os premios en metálico ou galardóns aos concursantes que non os reciban de forma regulamentaria. 10. A inscrición no Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol” implica, obrigatoriamente, a aceptación íntegra de todos os extremos contidos nas bases do presente regulamento. 11. Para a resolución de posibles dúbidas ou erros nas versións traducidas das bases, considerase como texto oficial o redactado en español. 12. O Comité Organizador do Concurso poderá resolver todas aquelas situacións non contempladas no presente regulamento. |
![]() |
|